imágotipo de Mercado Galego
Castellano | Galego
Buscador

Cómo mercar

1. Escolla os productos

Navegando pode ir engadindo produtos á súa cesta da compra. Se non atopa o produto que desexa o buscador é un excelente modo de atopalo. Para engadir un produto á cesta, este engádese simplemente calcando no botón "MERCAR" cando se está a ver a información detallada do produto. A cesta sempre estará visible e accesible á súa dereita.

Cada produto aparecerá referenciado á tenda que o pon á venda no sistema, vostede pode mercar diferentes produtos a diferentes comercios galegos, e recibirá un envio por cada comercio.

2. Cando xa ten tódolos produtos seleccionados pode realizar o pedido.

Para iso só ten que seleccionar o modo de envío (mensaxería ou recollida en tenda) así como a forma de pagamento, e a continuación calcar sobre o botón “MERCAR”:

Os prezos dos gastos de envío e os tipos de pagamento son os establecidos por cada comercio, polo cal pódese dar que a opción de pagamento que vostede escolla non sexa aceptada por todos os comercios, e sendo ese o caso o sistema indicaralles que produtos non poderán ser tramitados por esa opción de envío e poderá vostede ou ben eliminalos da súa compra ou ben aceptar outra forma de pagamento para eses artigos.

Hai tendas que non realizan envíos a certos países do mundo, e no caso de que vostede queira aínda así realizar ese pedido, o sistema indicaralle que para realizar un pedido desde eses países deberá de poñerse en contacto co comercio para a aceptación final do pedido e acordar fóra do sistema mercadogalego.eu as condicións do envío e do pagamento.

Os gastos de envío e das condicións finais, incluíndo os prazos de entrega son independentes para cada comercio.

As tarxetas admitidas para o pagamento en liña son:

1. Comercio Galego
2. Caixa Galicia-Visa
3. Caixa Galicia-MasterCard
4. Visa
5. MasterCard

3. Confirmación final

Unha vez ten definido o seu pedido, deberá cubrir os datos dun formulario, tendo en conta que dispón incluso da posibilidade de realizar o envío a outro enderezo que non sexa o seu habitual. Posteriormente, previa confirmación de todos os datos e condicións, recibirá un correo electrónico con toda a información sobre o pedido que vostede acaba de aceptar.

Se escolleu para algúns artigos a opción de realizar o pagamento con Cartón de Crédito, despois da confirmación dos datos do pedido, entrará nun espacio seguro de CAIXA GALICIA, onde introducirá os datos que aparecen en relevo no seu cartón de crédito (número e data de caducidade), e as tres últimas cifras que aparecen impresas no reverso da súa tarxeta, NUNCA O SEU NÚMERO SEGREDO. Estes datos circularán encriptados pola rede e só poderán ser descifrados por CAIXA GALICIA.

No apartado de observacións pode sinalar calquera dato que crea conveniente, ademais de indicar características especiais do produto, tales como tallas, textos, etc.

Para información adicional contacte co noso servizo de atención.

Cesta da compra

Num. de artigos: 0
Total €: 0,00€

Gravata Estampada D...

Gravata de seda branca ou crúa estampada con deseños e...

BENIZIO

54,28€

Mercar Gravata Estampada D...

Placa Induccion Ede...

PLACA DE INDUCCION

SIRGENTIA SL

451,24€ 418,94€

Mercar Placa Induccion Ede...